domingo, 25 de diciembre de 2011

O motor naval artesanal máis pequeno do mundo

O vídeo da montaxe do motor máis pequeno do mundo converteuse nun dos máis populares de Youtube. O seu autor é un xubilado galego de Noia que fixo da mecánica a súa paixón e trata de transmitila aos rapaces en colexios e institutos. Coñecido co alcume de "Patelo",José Manuel Hermo Barreiro é un xenio da mecánica en miniatura.
Fabricar este motor levoulle 1.220 horas de traballo.
Hai máis vídeos onde se ve como funciona en Youtube


No hay comentarios: