jueves, 1 de diciembre de 2011

A Prehistoria

Algúns primates foron evolucionando ata formar os primeiros homínidos.
1º Posición vertical e marcha bípede.
2º Aumento capacidade cranial e o desenvolvemento do cerebro.
3º As mans utilizáronas para manipular obxectos e non para camiñar.
4º A diminución das mandíbulas e dos dentes e a aparición do queixo e da fronte plana
Aumentan a intelixencia e a aparición dun linguaxe.

Australopithecus:      Homo          Homo          Homo                 Homo
                                       habilis         erectus        sapiens         sapiens sapiens




O Paleotítico: Comeza coa aparición do primeiro ser humano. Alimentábanse de froitos, da pesca e caza. Eran nómades. Descubriron o lume de forma casual e despois comezaron a prendelo eles mesmos. Utilizaban pedras talladas para fabricar obxectos. Despois de sílex e óso ou hasta.

Comezaron a buscar a forma de influír sobre a natureza mediante cerimonias rituais. Tamén a enterrar os mortos xunto con obxectos que se coñecen como enxoval funerario. O feito de enterramentos dá a posibilidade da existencia de ritos funerarios, que reflicten unha preocupación pola morte. 

Pintaban e esculpian escenas de caza. Pensouse que a pintura rupestre formaba parte dun ritual máxico que tiña que ver ca caza. Tamén se cre que as covas con pinturas eran santuarios. Os homes/ mulleres deixáronnos mostras de arte mobiliar. As Venus paleoplíticas eran estatuíñas esculpidas en pedra relacionadas co culto e a fecundidade.

O Neolítico: Eran sedentarios, aprenderon que as sementes soterradas boixo terra daban lugar a unha nova planta, por iso empezaron a cultivar. Foi a orixe da agricultura. 
Observando os animais permitiu o orixe da gandaría. Os labores agrícolas fixeron necesarios instrumentos especializados e a invención dunha nova técnica: a pedra puída, outra necesidade foi a de almacenar por iso naceu a cerámica e do mesmo modo se inventou a forma de elaborar tecidos. 
O uso das pedras semipreciosas desenvolveu a minaría. Ademais da zona do crecente fértil, a agricultura expandiuse noutras partes da Terra. Ex: os Andes...

A idade dos Metais: deu lugar a utilización dos metias como o cobre, o bronce e o ferro. Os primeiros útiles deron lugar a metalurxia pero a verdadeira metalurxia xurdiu máis adiante a empezaron a utilizar a forxa. Unha nova fase é a fundixión e finalmente a siderurxia. A metalurxia era un traballo que requiría especialistas. A producción das mercadorías produciu o comercio e paralelamente xurdiron as primeiras técnicas de navegación e inventouse a roda. As primeiras cidades produciron o aumento de poboación e as aldeas comezaron a ter moitos edificios e murallas e así é como xurdiron as cidades, os grupos sociais e os gobernantes das cidades. Tamén xurdiron os megalíticos como o menhir, o dolmen e o crómlech. 
Prehistoria na Península Ibérica: A presenza dos primeiros humanos na península ibérica é moi antiga, en Atapuerca atopáronse os restos dos humanos máis antigos. Máis adiante a península estivo poboada por homo sapiens e na etapa final do paleolítico como homo sapiens sapiens que fixeron as primeiras obras de arte. As pinturas rupestres: na zona cantábrica naturalistas e na demiterránea ou levantina ou esquemática. 
O Neolítico: As comunidades neolíticas apareceron na Península Ibérica e os depósitos arqueolóxicos máis antigos localízanse na Costa Mediterránea e o desenvolvemento do megalitismo comezou a finais do Neolítico. Cara o terceiro milenio a.C estendeuse a metalurxia e o cobre. Maís tarde desenvolveuse a metalurxia do bronce. 

  


Resumo feito por: Silvia Tuñas 
Antía Villar 
1º E.S.O

No hay comentarios: