sábado, 28 de enero de 2012

O HOME QUE PLANTABA ÁRBORES

Aqui vos poño un traballo feito por unha alumna deste taller o ano pasado, pero que conta unha historia adaptada a temática DA PAZ.



Si non podes ver o archivo é porque non tes instalado o programa flash payer no teu pc. podes descardalo aquí.

martes, 24 de enero de 2012

Paraguas por la Paz: SOLO THINGS por PUIGMARTI EN DIAGONAL MAR - Octubr...







Paraguas por la Paz: SOLO THINGS por PUIGMARTI EN DIAGONAL MAR - Octubr...
:

Proposta do Colexio de Vite, de Santiago de Compostela, para o Día Escolar pola Paz.
Proxecto PARAUGAS POLA PAZ, de MATT LAMB (pintor irlandés)
Proxecto artístico internacional (Paz mundial). Mensaxe de paz a través da arte.
Pintarase un paraugas por aula e farase a exposición e o desfile polo colexio cos paraugas decorados o 30 xaneiro do 2012.

Este proxecto empezou no 2002 con 38 nenos orfos vítimas do 11 de setembro. Xa participaron desde ese momento ata agora 900.000 nenos e adultos de 27 países ( de Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, República Checa, Filipinas, Francia, Alemania, Grecia, Irlanda, Italia, Israel/Palestina, Xapón, Lituania, Luxemburgo, Panamá, Polonia, Slovenia, Rusia, Singapur, España, Reino Unido, EEUU, Thailandia e Vietnam). Hai máis de 500.000 paraugas pintados.

O paraugas como metáfora de protección. A parte superior (que é a que se pinta) simboliza a vivenda e a parte interior/inferior representa as nosas preocupacións e medos.

lunes, 23 de enero de 2012

ANTONIO FLORES. No dudaria



Canción que elixe Silvia e Adriana para o día da PAZ

domingo, 22 de enero de 2012

30 xaneiro día da PAZ



Frases de Gandhi
Non hai camiño cara á paz, a paz é o camiño
Ollo por ollo e todo o mundo rematará cego.
A máis atroz das cousas malas da xente mala é o silencio da xente boa.

sábado, 21 de enero de 2012

Para colorear

Paz para todos

Que canten los niños - Jose Luis Perales

martes, 17 de enero de 2012

Resumo sociais

Mesopotamia

Con ela a humanidade entrou na historia.
Mesopotamia, terra entre dous ríos.
As primeiras civilizacións urbanas apareceron no IV milenio a.C, na baixa Mesopotamia. Alí xurdiron as primeiras cidades-estado. As cidades estaban rodeadas por murallas e ao seu redor estaban os campos de cultivo. A maioría dos seus habitantes eran agricultores e pastores. A prosperidade agrícola foi a principal causa pola que xurdiron os artesáns e comerciantes e por iso a moeda. Nas cidades había templos dedicados aos deuses onde vivían os sacerdotes. Os conflitos entre cidades veciñas deron lugar ós xefes militares que se converteron en monarcas.
Entre o III e o I milenio a.C Mesopotamia foi dominada por diversos pobos.
A escritura xurdiu nas cidades mesopotámicas no ano 3500 a.C . Pola necesidade de contar as colleitas e os impostos . En Mesopotamia inventáronse dous tipos de escritura: os pictogramas e a escritura cuneiforme.
A arquitectura: os mesopotámicos inventaron a bóveda e o arco. O cigurat o palacio foron dúas grandes contribucións das cidades mesopotámicas.
A escultura: en escultura elabóranse unhas pequenas estatuas chamadas orantes.



Exipto
Exipto ten dúas vantaxes: o deserto illa aos seus inimigos e o Nilo ten un límite de crecidas que fai que a terra sea máis fértil. Exipto en principio estaba dividido en dúas partes: baixo Exipto e alto Exipto que se xuntaron. O Nilo ten enchentes que os exipcios tiveron que aprender a controlar. Para poder realizar esas labores, os exipcios inventaron o cálculo, a xeometría e estableceron un calendario.
O faraón tiña o poder absoluto pero para controlar todo o seu territorio dividiuno en provincias que estaban dirixidas por gobernadores que controlaban a innumerables funcionarios. Os privilexiados eran os altos funcionarios, os sacerdotes e os escribas. O pobo de Exipto estaba feito na súa maior parte por campesiños. Tamén tiñan comerciantes e artesáns.
A relixión exipcia .
Os exipcios eran politeístas .O deus máis importantes era Ra, Amón , Osiris, Isis, Orus e Anubis.Os deuses habitaban os templos, os sacerdotes rendíanlle culto e obsequiábanos con ofrendas. A relixión exipcia prometía unha vida despois da morte. Os defuntos debían presentarse perante o tribunal de Osiris.
A arte exipcia tiña unhas regras fixas, a arquitectura era arquitrabada.
As tumbas exipcias foron sinxelas construcións rectangulares chamadas mastabas. Da superposición de mastabas naceron as pirámides. O medo aos frecuentes saqueos e roubos nas tumbas fixo que os faraóns preferiron soterrarse en hipoxeos.

Por Antía Villar Nieto e Silvia Tuñas Añón
1º ESO

Unha mensaxe nunha botella

Eu sempre pensei que as botellas con mensaxes aparecían nas pelis, pero non é así. A min pasoume de verdade. O domingo 8 de xaneiro fun pasear co meu pai e o meu can, Sar, pola praia e as pedras que hai xunto a miña casa, eu vivo en Esteiro. Meu pai colleu unha botella de ciclista que había tirada na area, púxose a mirala porque xa se dou conta que era de fóra, as medidas viñan en onzas, e de repente............vin dentro algo e era un papel que viña dentro dunha bolsiña e tamén traía un dólar. Eu alucinei, o que pasa é que o papel non se lía ben, víase que era inglés. Fun correndo desde a praia ata a miña casa correndo e gritando, porque nunca topara algo así de aventureiro. Fomos a casa de meu padriño a ver se nos traducía o que viña en inglés, foi capaz de ler dúas liñas que dicían que se topaba este papel me puxera en contacto con el. Que ben!!!!!! Pero había un gran problema, que o que menos se vía era a dirección xunto co nome... O luns pola mañá, xa en Santiago, meus pais levárono a Biblioteca que hai en Juan XXIII, a Anxel Casal, e unha chica (Rosa) leullo case todo, incluso o nome e dirección. Con estes datos, chamamos a miña prima Vero porque controla moitísimo de ordenadores, e xa buscou a dirección e todo o que puido en Internet (incluso temos o teléfono), logo dixémoslle a meu veciño, que viveu en Canadá toda a vida, se lle podía falar pero non lle contesta, sae o contestador. Miña nai tamén lle encargou a unha prima súa que ten en USA que nos axudara. De momento non tivemos máis aviso....a ver se non tardamos moito en contactar con él (sabe dios cando mandou a carta), se cadra el xa non se acorda. Xa vos irei informando....

María

lunes, 16 de enero de 2012



Antia Villar en 6º Primaria

Alba Calo en 6º Primaria

viernes, 6 de enero de 2012

A que non te atreves...

Despois dunha dura tarde de estar enfrascados no tuenti, facebook, creo que vos merecedes un gran premio, ler un capítulo do Quíxote, quen se atreve?.
Pero só un capitulo, tampouco abusar...
Empezade agora, veña! , de regalo de Reis. Cando comecemos os talleres, outro regaliño!, comentarémolo entre nós, pero claro, só os que se atreveron, non quero covardes. Eu vou por diante... vou ler dous capítulos, non son tan forte como vos e non son capaz de quedarme nun.
O capitulo I comeza. En un lugar de la Mancha de cuyo nombre no quiero acordarme...

Para o que non se decatou "O Quíxote" está na entrada do 3 de xaneiro do 2012, non tendes que mercalo.

miércoles, 4 de enero de 2012

martes, 3 de enero de 2012

El Quijote

É increible como pode presentarse a xoia da Literatura Española.
Como non entendemos o español antigo pícase no icono "T" e traduce
Prólogo
Desocupado lector: sin juramento me podrás creer que quisiera que este libro, como hijo del entendimiento, fuera el más hermoso, el más gallardo y más discreto que pudiera imaginarse....

domingo, 1 de enero de 2012

Chegou o inverno . (Vivaldi)

Conto con música de Vivaldi