miércoles, 18 de abril de 2012

O mundo grego

Isto é o mapa mental e o resumo do Tema 11 de sociais de 1º da ESO.

Os que os usen para estudar vamos a dicir os pasos que facemos

1º ler o tema por o libro ben e amodo.

2º Co resumo o lado vamos lendo cada pregunta do libro comparando co resumo e estudamos polo resumo.

3º Cando estudamos todas as preguntas collemos o mapa mental é coma unha guía para saber o que entra en cada apartado, e que non se nos esqueza algo, e comprobamos o que sabemos.

Isto son os pasos que debemos seguir e sabemos que nos da resultado para saber ben o tema e sacar boas notas




O nacemento do mundo grego

O espazo físico
A civilización grega orixinouse na Península Balcánica. O seu relevo é montañoso e costeiro. O seu clima mediterráneo deu lugar ao nacemento da agricultura mediterránea.
Unha mesma civilización
Os gregos sentíanse membros dunha mesma cultura asentada sobre dous pilares: a lingua e a relixión.Esta era politeísta. Os deuses gregos eran antropomórficos é dicir parecíanse fisicamente e psiquicamente aos seres humanos. Os deuses vivían no Olimpo e Zeus era o pai de todos os deuses.
Os primeiros gregos
Os gregos son resultado dunha mestura de pobos: os aqueos, coñecidos tamén como micénicos porque viñan da cidade de Micenas, e os dorios procedían do Norte e convertéronse no pobo dominante.
As polis gregas
As polis: unha cidade estadoAs polis son pequenas cidades – estado independentes unhas das outras. Estaban comprendidas unha cidade, unha serie de vilas e campos do arredor. Tamén posuía as súas leis, a súa moeda e o seu exército e goberno propio. As polis tiñan dúas partes: a parte baixa, onde estaban as vivendas, as tendas e os edificios públicos, e a parte alta ou acrópole, estaba unha pequena cidade onde refuxiarse dos perigo e onde estaban os edificios relixiosos.
As polis aristócratas
O seu goberno era oligárquico, composto por aristócratas. O resto dos cidadáns masculinos que formaban o exército reuníanse na Asamblea. Nalgunhas cidades producíronse revoltas sociais contra o poder dos aristócratas.
A evolución cara á democracia
Os cidadáns mercaron equipo militar propio e participaron na defensa da cidade. As demandas deron lugar a reformas sociais e políticas. A partir destas reformas o goberno comezou a democracia na que os cidadáns podían elixir ao goberno.
As colonizacións gregas
As causas das colonizacións
Numerosos habitantes das cidades de Grecia emigraron as costas mediterráneas e do mar Negro. Estes habitantes percorrían as costas na procura de produtos, especialmente metais. A posibilidade de ser escravizados levou a moitos gregos a abandonar as súas cidades de orixe por iso fundaron colonias. Os gobernos organizaron esta migración por numerosas vantaxes.
A expansión grega
As novas polis que fundaban eran colonias da cidade de orixe (metrópole) mantendo relacións comerciais e culturais.
Os gregos na Península Ibérica
Fundaron colonias nas costas do mediterráneas. Dende elas instauraron comercio cos pobos indíxenas. O contacto cos gregos supuxo para eles grandes avances: a difusión da vide e oliveira, o coñecemento de novas técnicas e a introdución da moeda da escrita.

A democracia ateniense
As institucións democráticas
1. A Asemblea A asemblea dos cidadáns (eclesía), reuníanse para votar as leis e decidir as decidir as declaracións de guerra.
Os maxistrados Eran cidadáns elixidos pola Asamblea que se ocupaban dos asuntos públicos. Os máis importates eran os estrategos.
Outras institucións Os cidadáns formaban os tribunais populares.
Unha democracia limitada
A democracia ateniense era moi limitada. Os cidadáns debían defender militarmente a polis e pagar os impostos.
Os cidadáns eran minoría, nin as mulleres nin os estranxeiros tiñan dereito civís.
O esplendor de Atenas
A vitoria sobre os persas
No século V a.C., os persas se o meteron as cidades gregas de Asia
Menor e botáronse a conquista das polis de Grecia na chamada Guerra Médica.
Atenas domina Grecia
A liga de Delos era unha asociación dirixida por Atenas. Cando algunhas polis, cansas do dominio abusivo de Atenas, quixeron abandonar a alianza, esta impediulle pola forza.
A fin da hexemonía ateniense
O dominio ateniense prolongouse ata as Guerras de Peloponeso. Estas guerras arruinaron a Atenas e puxeron fin a súa época de hexemonía.
A acrópole de Atenas
O Acrópole era un outeiro onde se instalaron os primeiros atenienses e arredor da cal se levantou a primitiva cidade de Atenas.
Despois do incendio de Atenas polos persas, os atenienses reconstruíron a cidade, e converteron o Acrópole nun centro relixioso.
Grandes artistas (
Ictinios e Fidias, entre outros) participaron no proxecto de reconstrución.
A Grecia helenística
O reino de Macedonia
O rei Filipo II, aproveitando o enfrontamento entre as cidades gregas (Guerras do Peloponeso) lanzouse cun potente exército (falanxes) á conquista de Grecia.
Cara ao ano 338 a.C conseguiu o dominio de toda Grecia.
O fillo de Filipo,Alejandro,que recibiu o sobrenome de elMagno, sucedeulle no ano 336 a.C
O imperio de Alexandre
Alexandre conseguiu unificar ao conxunto de cidades gregas para conducilas á conquista do Imperio Persa.
Alexandre, á fronte do seu exército, non só dominó aos persas,sino que chegou aos confíns do mundo oriental (India).
O sono de Alexandre ía máis aló da conquista militar,desexaba crear un único Imperio cunha base cultural grega,pero onde cada territorio conservase as súas formas sociais e políticas.
Or reinos helenísticos : Alexandría
Tras a morte de de Alexandre o imperio dividiuse en reinos: Exipto Macedonia, Mesopotamia, etc. A cidade de Alexandría converteuse no símbolo da nova civilización helenística.
Alexandría era unha cidade de planta grega, che de templos e monumentos. O seu enorme faro, a súa impresionante biblioteca, e o seu porto convertérona na maior cidade do mundo grego.
Resumo do mundo grego. Feito por Antia, Silvia, Yeray e David

No hay comentarios: