miércoles, 25 de abril de 2012

Resumo os recursos do subsolo e a súa explotación

OS RECURSOS DO SUBSOLO E A SÚA EXPLOTACIÓN
Introdución : As materias primas son os elementosdispoñibles na natureza que o ser humano usa para o seu consumo directo, para crearprodutos e para as súas necesidadesenerxéticas.
As materias primas poden ser de orixe:
· Animal (carne, peixe, leite …)
· Vexetal (algodón, madeira, froitas …)
· Mineral (metais, rochas, augas subterráneas)
No tema 12 estudamos a explotación dos recursos de orixe animal evexetal agora toca os recursos minerais.
OS RECURSOS MINERAIS
Antes de comezar hai que ver a diferencia entre recurco e reserva
¿Qué quere dicir recuso? Son todos os bens que existen na terra.
¿Qué quere dicir reserva? Son recursos coñecidos e localizados quese poden explotar coa tecnoloxía adecuada.
Os recursos minerais localízanse no subsolo da terra . A minaría son o conxunto de actividades quenos permiten extraelos. Os minerais están en depósitos que poden ser de dous tipos
· Minas a ceo aberto. Están a rente da terra
· Minas subterráneas. Están a maior profundidade
Os minerais podemos clasificalos entres grupos:
· Metálicos. Son osque se extraen metais ex o ouro, prata, cobre, ferro …
· Non metálicos. Non se extraen metais ex calcaria, mármore, sexoa auga subterránea.
· Enerxéticos. Son os que proporcionan enerxía ex o carbón, ogas, o petróleo e o uranio.
O reto é: explotar senesgotar.
O primeiro que debemos ter en conta é que os recursos poden ser :
· Renovables : son os que non se esgotan ou que se recuperandespois do seu consumo en pouco tempo
· Non renovables : son os que existen nunha cantidade limitada ouo seu proceso de formación é moi lento ex o petróleo, necesitase millóns deanos para que se forme.
Os minerais son recursos nonrenovables polo que si osconsumimos en exceso podemos esgotar os depósitos deles e isto leva a que as futuras xeracións non teñan as suficientes materiasprimas para cubrir as súas necesidades.
Os recursos tamén poden ser:
Reciclables : Poden usarse unha e outra vez ex o ferro, o aluminio
Non reciclables Só se poden usar unha soa vez , ex ocarbón o petróleo.

A produción e o consumo de minerais non enerxéticos.
Entre os minerais tanto metálicos coma non metálicos os máisimportantes son:
O ferro emprégase para producir aceiro. Osprincipais países produtores son Australia, Brasil, China, Rusia e a India
A bauxita extráese o aluminio utilizase comomateria prima nas industrias daconstrución aeronáutica, envasado ,mecánica Os maiores depósitos de bauxita están Australia, India Brasil, Guinea . Os principais produtores dealuminio son Estados Unidos, Rusia eChina.
O cobre Éa base dos cables que conducen a enerxía eléctrica. O principal país produtor éChile seguido de Estados Unidos , Indonesia e Canadá.
O consumo destes minerais é moi distinto duns países a outros onde máis seconsume é nos países desenvolvidos .

A enerxía
É fundamental nas nosas vidas. Osseres humanos utilizámola dende sempre. Nun principio era ca súa propia forza.Máis tarde aprenderon a utilizar a enerxía do lume, do vento, da auga a forzados animais. Fai 200 anos o carbón converteuse na principal fonte de enerxía. Hai 100 anos o petróleo aelectricidade. E na actualidade apareceron outras novas fontes de enerxía: nuclear, eólica, solar…
O consumo de enerxía é un indicador do grao de desenvolvemento dun país. Oque a maior parte se consuma en países desenvolvidos débese a varios factores:
· Aindustria que necesita enerxía está nos países desenvolvidos.
· sectorservizos que necesitan enerxía, iluminación temperatura regulada transporte …está neste países
· Apotencia eléctrica nos fogares é moi grade polos electrodomésticos,calefacións,
· A iluminación pública nas cidades, estradas etc e maior nospaíses desenvolvidos.
O petróleo e o gas natural
Na actualidade o petróleo e o gas natural e a electricidade son asprincipais fontes de enerxía.
O petróleo e o gas natural son materias primasminerais. O seu uso principal é producir enerxía, pero tamén son utilizadoscomo materias primas para fabricar plásticos, insecticidas, herbicidas,medicamentos, etc
Son recursos non renovables. Fórmanse pola descomposición deorganismos mariños sepultados, isto leva millóns de anos, e o seu consumo emáis rápido que o que tarda en formarse isto quere dicir que se esgotarán
Para extraelo perforase o terreo hasta chegar a onde está o principio sae oexterior pola súa propia presión pero a medida que se vai esgotando necesitanbombas para extraelo. As técnicas actuais so permiten extraer un máximo do 40 % das bolsas o resto abandónase.
Outro dos problemas e que hai que transportalo dende onde se produce a ondese consume que as veces son miles de quilómetros. Un xeito de facelo é a través de tubos que son os gasodutos os que transportan o gas e os oleodutos setransportan petróleo. Si se extrae do mar transportase en barcosespecializados, os petroleiros.
O petróleo hai que refinalo parapoder utilizalo.
Quen produce e consome petróleo e gas natural?
Países produtores de petróleo son Arabia Saudí, Rusia, Estados Unidos,Irán e China.
Países exportadores son Arabia Saudí, Rusia,Noruega, Irán eVenezuela.
Grandes consumidores son os países ricos. Estados Unidos, XapónAlemaña, e os países que se estándesenvolvendo moi rápido como ChinaIndia e Corea do Sur.
Os países produtores intenta controlar e regular o mercado do petróleo.Crearon para isto a Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPED)Está formada por once Estados, oito xason de Oriente Medio e controlan o 78% das reservas mundiais de petróleo. O que fan e manter o prezoalto para sacar o máximo proveito na venta pero tamén sen que sexa excesivopara non provocar unha crise económica e que caia o consumo.
Os países consumidores intentan comprar en varios países produtores para evitar e dependencia duns poucos paísese tamén estudan outras formas deenerxía.
O futuro un mundo sen petróleo
Se se segue consumindo o petróleo e o gas o ritmoque o facemos na actualidade, podemos dicir que temos reserva de petróleopara uns 40 anos e de gas para uns 65 anos.
Hai países coma China ou a India están aumentandoo seu consumo de petróleo debido a súa acelerada industrialización e tamén . Osexpertos din que no 2020 se suplicara o consumo de petróleo, si isto é así aíndaque aparezan novos depósitos .
Isto vai levar a unha suba dos prezos, e unhabaixada da produción polo que se debe buscar outras fontes de enerxía.
A produción de electricidade.
A electricidade e unha das fontes de enerxía máisusada na actualidade por varias razóns:
Transportase con moita facilidade a través dunharede eléctrica por todo un territorio.
É limpa onde se utiliza non xera residuos.Aínda que si pode xerar residuos onde seproduce.
Convertese con facilidade en calquera outro tipode enerxía: calorífica, luminosa, química, mecánica a través dos motoreseléctricos.
Para producir a enerxía eléctrica necesitamosoutras fontes de enerxía . As tradicionais ou convencionais son; a térmica, a hidroeléctrica e a nuclear.
A enerxía térmica Crease nas centraistérmicas. Queimase combustible e a calor que produce xera vapor de auga a moitapresión que fai mover unhas turbinas queconectadas a xeradores eléctricos producen a electricidade. O combustible máisusado é o carbón, tamén se usa fuel, madeira,residuosurbanos e gas natural. Os principaisprodutores de carbón son China e EstadosUnidos
A enerxía eléctrica nuclear. Prodúcese a partir daruptura dos átomos de mineraisradioactivos principalmente de uranio. Isto levase a cabo nas centraisnucleares A fisión ou ruptura do núcleodos átomos produce calor este calor quenta a auga que produce vapor a moitapresión e move as turbinas para producir a electricidade.
A enerxía hidroeléctrica Utiliza a forza da auga para obterelectricidade. A auga acumulase en encoros e constrúense presas nas zonasmáis estreitas a auga cando pasa move asaspas das turbinas e produce aelectricidade cando as aspas xiran
Problemas das enerxías tradicionais.
1º Para producir o calor hai que queimar; carbón, gas natural ou a ruptura do núcleo do uranio, pero estesrecursos non son renovables, esgótanse
1º Hai moitos que non teñen estas materias primas e teñen que importalas. Ex XapónEspaña etc. España produce a enerxíaeléctrica necesaria para o consumo peroten que importar o carbón, o gas, e o uranio. Estados Unidos e Noruega sonautosuficientes teñen as dúas cousas
3º Causaproblemas ambientais pois o carbón e o uranio son moi contaminantes. E ahidroeléctrica e limpa pero para producila hai que construír encoros e presasque alteran a paisaxe nas zonas onde se constrúen.
As enerxías alternativas
Para evitar a dependencia enerxéticae o impacto no medio ambiente queprovocan as formas tradicionais de producir electricidade, están a implantarseenerxías alternativas. As máis importantes son a que se obtén da biomasa e aeólica, despois estaría a solar e a máis distancia a mareomotriz e axeotérmica.
Para obter enerxía eléctrica a partir da
· Biomasa. Quéimanse os residuos urbanos e agrícolas e ocalor converte a auga en vapor e move unhas turbinas.
· Eólica É ca forza dovento, move as aspas dunha especie de muíño que están conectados a un xeradoreléctrico.
· Solar Produceenerxía eléctrica aproveitando a radiación do Sol. Pode ser de dúas maneiras:
- Solartérmica Utiliza fornos solares que quenta unstubos por onde pasa a auga e produce vapor que move a turbina que está acopladaa un xerador eléctrico
- Solarfotovoltaica empregapaneis solares para producir enerxía eléctrica directamente a partir do Sol. Aenerxía solar utilizase sobre todo para usos domésticos.
· A enerxía xeotérmica Aproveita a calor interna da Terra paraproducir electricidade ou tamén se usa nos sistemas de calefacción.
· A enerxía mareomotriz Baséase no aproveitamento do movemento das ondas e as mareas paraproducir electricidade..

Estas enerxías son renovables e non contaminan pero son necesarios elevadosinvestimentos, dependen da natureza e o seu rendemento aínda é baixo.
A auga un recurso imprescindible
O excesivo consumo de auga.
É un recurso fundamental para a nosa vida, ademais de cubrir as nosasnecesidades persoais tamén e un recursoimprescindible para moitas actividades económicas : a agricultura, a industria ….
O maior consumidor de augado mundo é a agricultura que acapara cerca do 75 % do total da auga utilizada .
A auga doce é un recurso renovablepois os procesos de evaporación e chuvia son continuos pero o mesmo tempo é un recurso escaso. So un 2,5 % de auga do planeta é doce e dela un 75 % está conxelada nos glaciares.A cantidade de auga dispoñible está limitada polas chuvias, e en moitas zonasda terra son escasas.
Formas de aumentar a auga dispoñible: Sería cos
· Encoros pero trae os problemas, anegan grandes zonas deterreo.
· Transvasamentos que son canles que levan a auga dunha zona aoutra. Diminúe o caudal do río do que seextrae e ten uns custos moi elevados.
· Plantas desalinizadoras en España hai en zonas do Mediterráneo enas Canarias
Formas de reducir o consumo: Manter enbo estado a rede de canalizacións que levan a auga para evitar as perdas . Naszonas que hai pouca auga poñer novos sistemas de rego e técnicas de cultivo que necesiten poucaauga con cultivos adecuados o clima.

Kaila 3º da ESO






2 comentarios:

Ana Martínez dijo...

Vouvos facer propaganda, con tan bos mapas conceptuais e resumos, os rapaces e rapazas da ESO xa non van a ter que ir ao Rincón do Vago, je,je Unha aperta.

Anónimo dijo...

I greatly appreciate all the info I've read here. I will spread the word about your blog to other people. Cheers.