domingo, 27 de mayo de 2012

Tema 13. A convivencia 3º Primaria co Prezi


Ola, son Mónica, miña nai estame ensinando a traballar co programa prezi e quérovos ensinar o traballo que fixen para estudar o tema 13 de coñecemento de 3º de primaria.

sábado, 26 de mayo de 2012

Resumo Roma (Antia Villar 1º ESO)

O IMPERIO ROMANO
As orixes de Roma
-A orixe histórica
A Península Itálica estaba ocupada por distintos pobos:
No centro, os latinos.
No Norte, os etruscos.
No Sur, os gregos.
Os latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber. Máis tarde asentáronse en sete outeiros próximos entre si. Alí construíronse os primeiros poboados que deron lugar a cidade de Roma.
-A época da Monarquía
O rei tiña os máximos poderes. Roma tivo sete reis: os catro primeiros de orixe latina e os tres seguintes etruscos. Baixo a influencia etrusca construíronse ponte, acuedutos, templos, o primeiro sistema de rede de sumidoiros, a Cloaca Máxima e amurallaron a cidade.
-A antiga relixión dos romanos
Divinizaron os fenómenos e as forzas da natureza. Os lugares de culto máis antigos eran os bosques sagrados. Realizaban un culto privado en pequenos altares dentro das casas.
A Roma republicana
-Patricios e plebeos
Roma dividíase en 2 grupos sociais:
Patricios: considerábanse descendentes dos fundadores de Roma. Eran propietarios de terras e de gando e gobernaban a cidade.
Plebeos: constituíano todos os que chegaran a cidade despois da súa fundación. Non eran propietarios de terras nin tiñan dereitos políticos.
-A loita pola igualdade
Os patricios formaron un goberno aristocrático. Os plebeos loitaron por ter os mesmos dereitos políticos que os patricios. Despois conseguiron elixir un representante, o Tribuno da Plebe que defendía os seus intereses. Máis adiante recopilaron as leis de Roma na Lei das Doce Táboas.
-Asembleas e maxistrados
O goberno tiña 3 institucións:
Os comicios: xuntanza en asemblea dos cidadáns para votar as leis e elixir os maxistrados.
Os maxistrados: elixíanse anualmente e gobernaban a cidade. Podían ser superiores e inferiores.
O Senado: formado por 300 antigos maxistrados. Dirixen a política estranxeira e aconsellan aos maxistrados.

martes, 15 de mayo de 2012

Árbore xenealóxica de Francisco Añón

Con motivo do bicecentanio do poeta Francisco Añón, dende o noso blog imos recordar e difundir quen foi este ilustre persoaxe.
Comenzamos por expoñer cales foron as súas raíces.
(Grazas a Dolores Abelleira polo seu traballo de investigación).

Vida e obra de Francisco Añón

Esta presentación é unha breve exposición da súa vida e obra.
(Dámoslle as grazas a Bárbara e aos nenos pola súa voz, e pedimos desculpas por se o son non é demasiado bo).


Para poder ver a presentación en pantalla completa clica aquí

Xogando con Añon

Himno "A Galicia"

Ao igual que nós, hai moitos veciños que este ano lle queren render homenaxe a tan ilustre persoaxe. Aquí vos deixamos a versión do Himno a Galicia interpretado polo Club de lectura de San Lourenzo

“¡Ai! esperta adourada Galicia
dese sono en que estás debruzada.
Xa cantando os teus fillos te chaman
e cos brazos en cruz se espreguizan…
Malpocados, o que eles cobizan
e un bico dos labios da nai”.

ELA TAMÉN VALÍA



A imaxe da portada é dunha colección de catro acuarelas que se titula "Catro Nais" auga, vento lume e terra adicado o duro traballo da muller galega no século XX. (Autora: Francesca)
As nenas que len as poesias das diapositivas son Mónica(8 anos) e Paula(6 anos).

Vamos de excursión

Os rapaces dos Talleres de Aprender a Aprender vamos de excursión de fin de curso. Así que esta semana e a próxima vamos estar moi ocupados en programas de lecer moi merecidos

Un saúdo

lunes, 14 de mayo de 2012

La infancia bajo control: CARTAS DEL FORUM III - Nº 5

Cada día e maior   a cantidade de nenos/as que son diagnosticados con TDA e que están medicados.
O que me preocupa é hasta que punto pensamos que unha pastilla nos pode sacar o problema, e non pensemos como pais e educadores e sociedade en xeral    buscar outras solucións.

La infancia bajo control: CARTAS DEL FORUM III - Nº 5:  “ Las cifras eran términos medios, y los términos medios se aplicaban a los que eran también términos medios ” Tom Wolfe, Elegidos par...

viernes, 11 de mayo de 2012

Gañadores sen trofeo

Xa saiu a lista dos gañadores que conseguiron a peonza de Edublogs, entre os cales non nos encontramos os editores deste blog. Pero non estamos tristes, senon todo o contrario. En primeiro lugar quero darlle os máis sinceros parabéns polo premio obtido aos gañadores, pero o mesmo nós tamén nos sentimos gañadores, porque a experiencia, o coñecemento e os amigos virtuais que levamos colleitando dende a primeira publicación deste blog non hai premio que o supere.

Para dar a coñercer os traballos que os rapaces e rapazas realizan non talleres de Aprender a Aprender e nos talleres de Apoio creamos este blog, onde nos fixemos seguidores de outros blog, a través destes blogs amigos apuntámonos no concurso de Edublogs, e sorprendentemente de entre 144 blogs da nosa categoría escollerónnos como finalistas, esperamos con gran ilusión o fallo do xurado e ainda que non saiu a favor noso estamos moi contentos e orgusos do traballo que realizamos.

Isto danos forza e ilusión para seguir mellorando e apostar por un brillante Futuro: OS RAPACES E RAPAZAS DE OUTES.

domingo, 6 de mayo de 2012

Madre hoy te quiero decir




Mamá cando entres no blog a ver este vídeo sabes que son eu que che di esas palabras...

viernes, 4 de mayo de 2012

SOMOS FINALISTAS NOS PREMIOS ESPIRAL EDUBLOGS 2012



Los alumnos , Carmela y Marisol nuestra profe de informática  queremos dar las gracias a todo el equipo espiral edublogs.Y nuestra   ENHORABUENA A TODOS LOS FINALISTAS y a todos los blogs que participaron, este año  fueron unos 2000 blogs . Con muchos de ellos, aprendimos muchas cosas y para nosotros son nuestra familia virtual con la que nos sentimos muy unidos.
Nosotros en particular  tenemos que darle las gracias a Marisol   fue quien nos inscribió para participar, la que tenemos siempre ahí para ayudarnos, enseñarnos en las nuevas tecnologías.
Todos alumnos y profes le agradecemos a Ana, de Aula Tic de Ferrol su apoyo desde el principio cuando más lo necesitábamos. Esto lo compartimos profes y alumnos.

Nosotros somos  finalistas en blogs de reflexión educativa. Aquí tenéis el enlace con la lista de los seleccionados
http://espiraledublogs.org/2012/?p=6546