sábado, 26 de mayo de 2012

Resumo Roma (Antia Villar 1º ESO)

O IMPERIO ROMANO
As orixes de Roma
-A orixe histórica
A Península Itálica estaba ocupada por distintos pobos:
No centro, os latinos.
No Norte, os etruscos.
No Sur, os gregos.
Os latinos agrupáronse ás beiras do río Tíber. Máis tarde asentáronse en sete outeiros próximos entre si. Alí construíronse os primeiros poboados que deron lugar a cidade de Roma.
-A época da Monarquía
O rei tiña os máximos poderes. Roma tivo sete reis: os catro primeiros de orixe latina e os tres seguintes etruscos. Baixo a influencia etrusca construíronse ponte, acuedutos, templos, o primeiro sistema de rede de sumidoiros, a Cloaca Máxima e amurallaron a cidade.
-A antiga relixión dos romanos
Divinizaron os fenómenos e as forzas da natureza. Os lugares de culto máis antigos eran os bosques sagrados. Realizaban un culto privado en pequenos altares dentro das casas.
A Roma republicana
-Patricios e plebeos
Roma dividíase en 2 grupos sociais:
Patricios: considerábanse descendentes dos fundadores de Roma. Eran propietarios de terras e de gando e gobernaban a cidade.
Plebeos: constituíano todos os que chegaran a cidade despois da súa fundación. Non eran propietarios de terras nin tiñan dereitos políticos.
-A loita pola igualdade
Os patricios formaron un goberno aristocrático. Os plebeos loitaron por ter os mesmos dereitos políticos que os patricios. Despois conseguiron elixir un representante, o Tribuno da Plebe que defendía os seus intereses. Máis adiante recopilaron as leis de Roma na Lei das Doce Táboas.
-Asembleas e maxistrados
O goberno tiña 3 institucións:
Os comicios: xuntanza en asemblea dos cidadáns para votar as leis e elixir os maxistrados.
Os maxistrados: elixíanse anualmente e gobernaban a cidade. Podían ser superiores e inferiores.
O Senado: formado por 300 antigos maxistrados. Dirixen a política estranxeira e aconsellan aos maxistrados.

Roma, á conquista do Mediterráneo
-A expansión de Roma
Realizouse en distintas fases:
1º Fíxose dona da Península Itálica
2º Enfrontouse a Cartago nas guerras púnicas. Tras a súa vitoria dominaron todo o Mediterráneo occidental.
3º Conquistaron Grecia e o Mediterráneo oriental.
Os romanos adoptaron o panteón grego e parte da súa arte e cultura. Todo isto forma o que chamamos cultura clásica.
- A crise do século I a.C
As conquistas déronlle a Roma grandes riquezas. Esta riqueza orixinou grandes diferenzas sociais. Os campesiños arruinárose e ao queixarse deron lugar a conflictos sociais como a revolta dos irmáns Graco.
O Senado e os maxistrados déronlle o poder a xefes militares, ditadores que se enfrontaron entre si xerando guerras civís. Un deles, Xulio César foi proclamado ditador perpetuo. Os partidarios da República e patricios asasinárono.
-O Imperio Romano
-Octavio Augusto, emperador
Tras a morte de Xulio César o seu fillo adoptivo Octavio venceu aos seus rivais e otorgáronlle o título de Augusto. El inaugurou un novo sistema da goberno: o Imperio. Octavio foi nomeado cónsul vitalicio, emperador e gran pontífice. Cando morreu rendeuselle un culto imperial.
-A organización do Imperio
O emperador designaba todos os cargos e dirixía o Imperio. Para aplicar e transmitir as súas ordes creouse un Consello Imperial. Os territorios que se incorporaron dividíronse en provincias.
-Dous séculos de pax romana
O Imperio acadou a súa máxima expansión e prosperidade. Durante este período as guerras foron escasas e os territorios romanizáronse. O emperador Caracalla equiparou a todos os habitantes do Imperio e concedeulles a cidadanía romana.
Unha sociedade urbana
-As cidades, centro do Imperio
Todas tiñan unha estrutura semellante: estaban rodeadas por unha muralla e no centro tiñan unha praza, o foro. Eran o lugar de residencia das autoridades, da administración e o centro económico. Ademais as cidades contribuíron a romanización do Imperio axudándo a difundir a lingua, os costumes e o modo de vida dos romanos.
-Os grupos sociais
Estaban divididos en grupos sociais con dereitos desiguais. A maioría de homes libres gozaban da cidadanía romana. Entre estes homes había diferenzas de fortuna.Uns posuían riquezas e honores (nobilitas). Os artesáns tiñan unha vida relativamente acomodada. Por debaixo estaban os campesiños e a plebe urbana que non sempre tiña traballo. Os escravos eran moi numerosos. Os libertos eran escravos que o seu amo os liberaba.
-A prosperidade agrícola e comercial
-As explotacións agrícolas
Os romanos introduciron o arado, os muíños de gran, as prensasde aceite e de viño e novos sistemas de regadío. Xurdiron provincias agrícolascon campesiños que explotaban as terras para a súa subsistencia. Estendéronse os latifundios, enormes extensións de terra que eran explotadas por patricios, comerciantes ou militares. A explotación realizábase ao redor dunha vila.
-As relacións comerciais
O comercio viuse favorecido pola paz interna e a seguridade. Os romanos contaban con magníficas calzadasque unían Roma con todas as provincias do Imperio. O comercio internacional efectuábase por vía marítima. A existencia dunha moeda sólida e utilizable en todas as terras do Imperio faboreceu ao comercio. A moeda do Imperio era o áureo de ouro e o denario de prata.
A crise do Imperio romano
-O Imperio entra en crise
As fronteiras volvéronse inseguras polos ataques dos pobos xermánicos. A autoridade imperial debilitouse e foron frecuentes as revoltas e os xefes militares aumentaron o seu poder e o exército converteuse na única autoridade das provincias. A estes problemas sumáronselle os económicos.
-A división do Imperio
O emperador Teodosio dividiu o Imperio entre os seus fillos, Arcadio e Honorio, un formou o Imperio de Oriente, que era o máis rico e poderoso, e outro formou o Imperio de Occidente.
-O cristianismo, relixión oficial
Constantino, un xeneral que loitaba converterse en emperador, venceu ao seu rival e proclamouse emperedor. Convencido de que a súa sorte debíase a nov a relixión, decidiu protexela, autorizouna, acabou coas persecucións e el mesmo converteuse en cristián. O emperador Teodosio converteuna en relixión oficial do Imperio.
-A fin do Imperio de Occidente
Os pobos xermánicos transpasáron as fronteiras e entraron no Imperio occidental. Os pobos invasores intaláronse nas terras do Imperio e crearon reinos independentes.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Grazas Antía non sabes o favor que me fas estaba esperando polo resumo para poder estudar, para apróxima vez vou a intentar facelo eu, haber si son capaz.