miércoles, 26 de septiembre de 2012

O robot Curiosity da NASA descubriu rochas que foron talladas e moldeadas por correntes de auga na superficie de Marte.

O robot Curiosity da NASA descubriu rochas que foron talladas e moldeadas por correntes de auga na superficie de Marte. Anteriores misións ao Planeta Vermello xa detectaran indicios da presenza de auga, pero é a primeira vez que se encontran pedras forxadas por regueiros ou ríos.
"Polo tamaño das pedras podemos interpretar que a auga se movía ao redor dun metro por segundo, cunha profundidade que a unha persoa lle chegaría polo menos ata os nocellos, e quizais ata a cadeira", dixoWilliam Dietrich, xefe de investigadores da misión. Non se pode precisar cando nin por canto tempo estes regatos percorreron a superficie de Marte, pero, segundo indicou onte John Grotzinger, do Instituto de Tecnoloxía de California "teñen varios miles de millóns de anos"

No hay comentarios: