martes, 30 de octubre de 2012

Prezi de A enerxía 2º ESO

Aquí vos deixo o enlace do prezi sobre a enerxía de 2º da ESO:


Espero que vos guste.

Por:Yeray Lorenzo

lunes, 29 de octubre de 2012

martes, 23 de octubre de 2012

Salvador Dalí. 40 Obras.




Iría atopei este vídeo con 40  obras de  Dalí a min gustoume moito espero que che guste
Adrián Nieto 1º  ESO



viernes, 19 de octubre de 2012

Eu queria vivir neste cadro



A min gustaríame vivir neste cadro, por que ten unha imaxe moi bonita con vistas ao mar. A rapaza que está a mirar pola ventá ten moita sorte de ver esa paisaxe. Ademais a miña cor favorita é o azul. O que me gustaría saber e a quen está mirando ou a quen espera. Vou a buscar información  do pintor e do cadro O que sepa deste cadro pode deixar informción nos comentrios e xa me axuda para que me sexa máis fácil  buscar o próximo día


Grazas Ana de Aula Tic de Ferrol pola información.
Ana dime que o cadro é de Salvador Dalí. títulase: Muchacha en la ventana. Pintouno en 1925. Está no Museo  Nacional Centro de Reina Sofía. Madrid
Vou a entrar no Museo Reina Sofía para ver este cadro e que cadros hai.

http://www.museoreinasofia.es/coleccion/autores-obras.html?id=176

Iria Arca 5º de Primaria

miércoles, 17 de octubre de 2012

sábado, 13 de octubre de 2012

Becas y ayudas


Entrar nesta dirección que hai unha guía de becas e axudas que me parece interesante

http://orientacioncpidepanxon.blogspot.com.es/2012/10/guia-de-becas-e-axudas.html

viernes, 12 de octubre de 2012

Por que é importante compartir contidos?

SISTEMA NERVIOSO





Paula Otero 6º Primaria

Eu quería vivir no cadro da Mona Lisa


Nos Talleres de Aprender a aprender estiven  vendo o libro ¿En que obra de arte te gustaría vivir?
A min gústanme os cadros alegres por iso gustaríame estar  no cadro da Mona Lisa de Leopnardo Da Vinci, porque esta sempre sonrindo. Quería saber porque está sempre a sorrir e que lle fai tanta graza, pero non me estraña, as persoas que están a vela mírana  por todos os lados e ven que sempre sorrí para que a mira mires dende onde a mires  e pode ser que iso sexa o que fai que este sempre con esa sorrisa



KATIA  5º DE PRIMARIA


Como é a Terra e como se representa


Sonia 1º da ESO

jueves, 11 de octubre de 2012

O inicio da idade media

Aqui tendes un Cmaps sobre o inicio da idade media, se vos sirve de axuda dadelle as grazas a Alba Calo.


lunes, 8 de octubre de 2012

Resumo O inicio da Idade Media


   Aquí está o resumo do tema de da Idade Media  espero que vos axude para estudar  Antia.
1-O imperio bizantino.
No ano 476 desapareceu o imperio romano de Occidente e durante 10 séculos viviu co nome de imperio bizantino.A súa capital foi Constantinopla.
-O esplendor de Xustiniano.
O emperador máis importante foi Xustiniano que gobernou xunto a súa muller Teodora entre os anos 527 e 565. Xustiniano intentou reconstruír o imperio romano. O emperador dirixía ao exército e a administración e era o xefe relixioso. As súas ordes eran executadas por unha rede de funcionarios. Tamén existía un corpo de diplomáticos que mantiñan relacións sociais con outros territorios.
-A lenta decadencia.
Os lombardos ocuparon a península Itálica; os visigodos expulsaron aos bizantinos da península Ibérica; e os musulmáns conquistaron o norte de África, Siria e Palestina. A principios do século XV só quedaba Constantinopla en mans bizantinas. No ano 1453 a cidade foi tomada polos turcos e o imperio bizantino desapareceu.

Constantinopla
Foi construída a a imaxe de Roma polo emperador Constantino no ano 330. Está situada no estreito do Bósforo que comunicaba o mar Negro co mar Mediterráneo. Estaba sobre un porto natural, o Corno de Ouro e protexida por murallas. No centro estaba o palacio imperial, o hipódromo, o senado e a basílica de Santa Sofía e o barrio de Pera, onde vivían os comerciantes.En tempos deXustiniano chegou a ter máis de medio millón de habitantes e no século XI chegou ao millón.

2- A sociedade e a cultura bizantinas.
-Un imperio urbano e comercial.
Constantinopla, Éfeso e Tesalónica eran as máis importantes da época. As cidades eran a sede dos bispados, do goberno e do exército. O imperio bizantino tiña unha gran prosperidade económica. Dominaron o comercio mediterráneo e as rutas entre Europa con Asia e África.
-Un imperio grego e ortodoxo.
Despois do reinado de Xustiniano o latín foi substituído polo grego como lingua oficial. As diferenzas levaron á separación, en 1054, entre a Igrexa católica e  a Igrexa bizantina. Isto chamouse a Cisma de Oriente. A relixión impregnaba a vida e a cultura e era un motivo de disputas. No século VIII os emperadores prohibiron o culto ás iconas. A decisión provocou disputas e derrogouse a prohibición.
-Unha arte suntuosa.
En arquitectura destacan as igrexas que tiñan a plante de cruz grega e estaban cubertas por cúpulas. Outro exemplo da arte bizantina foron os mosaicos.

jueves, 4 de octubre de 2012

A Forza da Cores

Ola, aquí vos deixo un novo conto, a ver se vos gusta. (Paula Caamaño, 2º Primaria)