miércoles, 7 de noviembre de 2012

Día da Ciencia en Galego

Un galego inventou a calculadora
Nos depósitos da sede central do IBM, en White Plains (Nova York), custódiase unha estraña e antiga máquina construída en 1878 e que resulta ser a primeira calculadora capaz de multiplicar e dividir de xeito automático. A valiosa peza forma parte da colección particular iniciada en 1930 por Thomas J. Watson Sr., presidente fundador do IBM, quen xa entón intuía que aquel dispositivo formaba parte da prehistoria da computación. A Calculating Machine nº3 pesa 22 quilogramos, está feita de ferro e aceiro amarelo e tien un lugar reservado na historia da informática, pero debería de telo tamén na historia de Galicia, xa que o home que a ideou, deseñou, construíu e patentou se chamaba Ramón Verea e era natural da Estrada.

No hay comentarios: