domingo, 8 de diciembre de 2013

Nelson Mandela


Morre Nelson Mandela aos 95 anos tras un prolongado proceso dexenerativo, que o mantivo hospitalizado dende o pasado mes de xuño. «Perdemos o máis grande dos nosos fillos», confirmou o presidente sudafricano, Jacob Zuma nunha mensaxe á nación.Mandela contraeu unha infección pulmonar durante os anos que estivo na cárcel  en Robben Island, que condicionou a súa saúde durante o resto da súa vida.
Hai tres anos as Nacións Unidas aprobaron por unanimidade a Resolución 64/13 que decretaba a súa data de nacemento como Día Internacional Nelson Mandela co obxecto de crear conciencia no mundo sobre o legado do sudafricano Premio Nobel da Paz. Pola súa banda, a Fundación Nelson Mandela fixo un chamado para, como homenaxe ao gran líder, nesa data dedicar 67 minutos do noso tempo a axudar aos demais -un por cada ano que Mandela dedicou ao servizo da humanidade como avogado defensor dos dereitos humanos, preso de conciencia, arduo traballador pola paz e primeiro presidente elixido democraticamente dunha Sudáfrica libre.






Estre traballo foi feito por:  Antía Villar Nieto 3º ESO -  Sonia Rodriguez 2º ESO

No hay comentarios: