miércoles, 28 de agosto de 2013

Verán informático.

Este verán un grupo de alumnos dos talleres estivemos aprendendo a facer unha páxina web. Dirixidos por Anxo, un rapaz que controla moito de informática, adentramonos no mundo de html, descoñecido ata o momento para nós.

Nas primeiras sesión explicounos algo sobre o html e o CSS, e máis adiante pasamos á practica. Agora, despois de controlar o básico, estamos continuando coas páxinas web pola nosa conta.

Aquí vos deixamos un exemplo do que fixemos ata agora. A páxina web de Yeray, que xa está máis avanzado: www.yerayloren.es.tl


Alba, Yeray, Silvia e Antía de 3º da ESO.

1 comentario:

Ana Martínez dijo...

Un traballo fenomenal! As miñas felicitacións para o "mestre" e para os aplicados alumnos. Un bico.