miércoles, 6 de agosto de 2014

Como me gustaría que fose o meu profesor

Os alumnos de 4º da ESO pensamos que:

Estamos fartos dos típicos tips para que os teus alumnos se comporten ben, para un correcto posicionamento na aula... Por que non o facemos dirixido aos profesores?
1. Primeiro punto, indispensable. Apréndete os nomes de todos os teus alumnos.
2. Non sexas dúas persoas distintas. Sé a mesma persoa dentro e fóra da aula. Non actúes na clase, agradeceremos a túa cercanía.
3. Non te creas o rei por ser profesor.
4. Levanta o cu da túa cómoda silla e vai comprar tizas, borrar o encerado etc. Non quere dicir que nós non o fagamos un día, na aula somos todos.
5. Leva claro o que vas a explicar, non nos gusta que nos confundas.
6. Nunca te enfades polo erro. Todos aprendemos deles. A veces esto leva a que deixemos de preguntar por medo a unha bronca.
7. Nunca digas "Sodes o peor grupo" ou algo polo estilo. Cada clase é única.
8. Non fagas promesas que despois non cumples.
9. Si te equivocas, da exemplo pedindo perdón. Non por eso che perdemos o respeto. Gañámolo!
10. Os privilexios. Se ti comes na clase, nós tamén poderíamos. Se ti estás co móbil na clase, por que nós non podemos? Inxusto.
11. Non xuzgues a un alumno pola súa apariencia.
12. Creo que xa estamos en 4º da ESO e vai sendo hora de decatarse de que non debes premiar a unha persoa que en todo o curso non fixo nada e no último mes se esforzou e ignorar ou deixar de lado a un rapaz que leva todo o curso traballando.
13. Non encasilles aos alumnos, non somos arquivos. Variamos.
14. Non levantes a voz, somos nenos e pode que nós falemos alto, eso non da razón para que un adulto responsable perda os papeis.
Toda coincidencia coa realidade é pura coincidencia, valga a redundancia.

Alba, Antía, Silvia e Anxo.

No hay comentarios: